domingo, 19 de febreiro de 2017

Raiola de sol pola ventá unha mañá de domingo espertar cos ecos Ancestrais da Súa Voz

[19/02/2017, 10:11 a.m.] MaPA :



Estou conxelada
E iso non debía preocuparme
Pero necesito saber se inda teño sangue
Para poder revivir
Ás veces fun vista como unha loba á espreita
Como unha loba cos seus ollos amarelos
buscando présa na escura noite.
Outras  fun perseguida
E moitas, asasinada nas miradas feroces

Coma unha loba corría
coma unha loba doída
Ata o cantil da vida, cheguei tantas veces
...E sempre era a última.

Ven
Na noite non.
Aparécete.
Como o Sol.Impón a súa Lei ó falso e ó impostor
Revélate
abrireiche as portas
do meu corazón
Porque Estás
Dentro Amor


( " a mesma voz " )