venres, 13 de maio de 2016

P.D.

Se verdá é que me queres como son.Sen querer nada de min.Achégate.Só ou acompañado.
Se en verdá hai un momento suficientemente amplo para que me ames consciente e tremendo como un neno.Atrévete e venme a buscar adentro da miña carne.Véndome por primeira vez, a única muller que tes visto Agora, sen antes.
Se non...Ámame como sabes amar, sen explicacións , no barullo e na distancia.Amado ausente Presente.

.

Eramos outros enviándonos sinais a nós mesmos.Parindo criaturas estrañas cos pensamentos.

Cousas obscenas que nunca vín
rodéanme no invisible

Os caixóns cheos de cousas
E as cousas contan
cantas verdades, sen pensar que
a casa é delas anulan  a miña vontade
para facerme cousa.Non entenden
que vivo soa.Neste mausoleo
de recordos e aromas.

Hai un aroma.Arrecende a miña avoa
Ao cuarto da costura, ás aventuras entre trapos
farrapos vellos, caramelos, libros e un baúl.

Respíroa profundamente.E só penso nun croissant e no endurecimento dos rasgos faciais.
Caras de xeso eramos.Agora caras de madeira correúda.De granito.Ollos moles e acuosos afundíndose nos surcos que fai a lúa sobre as dunas de area.Cavernas para o tempo dos soños, onde se esculpe a nova cara pasada polo tempo.
E
Remexo...Nas cousas que me posúen sen atopar máis que cárcere e soidade compartida.
Falan de pasado
De cousas inacabadas.Proxectos sobre a beleza da imaxe dun home negro morto , asasinado sobre o asfalto, buscando

A Pax

Os únicos paraísos son os da memoria
e vanse antes ca nós .
O que sucede despois é todo un caos que se arranxa coa construcción de algo novo que contar sobre o que se perdeu o rastro,
porque vivo e salvado , non hai ningún momento.
Pídoche perdón polo regalo do teu tempo
cae nas miñas mans, no reverso dunha entrada ao teatro algo apuntado:

" En busca del tiempo perdido " de M. Proust


Só penso na cabeza de Medusa nos meus cabelos no ruído constante e nas cousas que se van e nós con elas.
E nun croissant.




Con Amor

Mapa