mércores, 22 de xullo de 2015

Ex Calce Liberatus




Perto da Illa das maceiras. A esxcasos días do Día Sen Tempo.




Murallas derribadas.
Alcanzaron dous falcóns os cumios vespertinos.Non houbo sangue. Como era o sino.

Baixaron as agullas afiadas de Dios en pingas de Auga e lavaron aos alí presentes de toda a dor.

As linguas curáronse e comezaron a falar no seu propio idioma. A Babel resucitou armoniosa.





Descreía . Inda por riba da miña necesidade de crer, motor da miña búsqueda. Ti xa o sabes.



Furo as vosas cabezas asexantes e chego na hora certeira sen tempo a dar na diana




O tremor é verdadeiro e infundado. Agora asumimos a vergoña de estarnos facendo dano.
Ir despidos era isto.
As enfermidades foron camiños de volta.

A Vella Escola cáese e segue vixente. Podemos facer algo ao respecto. Toda a lei pode ser revisada, porque corresponde a unha máis Grande revisalas inferiores. E a Lei do Perpetuo movimento é flexíble e expansiva.
Mais hai cousas que non coñezo e seica permanecen fóra do Soño, inmutables.

A Galicia que coñecemos fúndese e emerxe unha nova. Revestida de cristais.

As augas obedecen