luns, 5 de setembro de 2016

Todo o invisible que nos ata.

Pequena Nápoli          Sen tempo.







Roubáronnos.

Non o esquezas.

Houbo violencia.

E o invisíbel campa ás suas anchas

Polas estancias do sono.

Evitarei pronunciar a palabra daga

A casa ten orelleiras

Ameaza.

Sorrío.

Sigo sorrindo.

Polo que antes tanto me queixaba

A resistencia.

E o pau ardendo.

Naufragar nas ideas

Mellor que seguila corrente

Bucear na contradicción

Tantas veces como faga falla.

Tomo vellas cartas na mán

Ignoro quen se instalou nese ángulo morto

Do pensar.

As novas dictaduras

Exércense dende dentro.

Os suicidios son inspirados

As atrocidades son inspiradas

O medo é inspirado.

Nada disto nos pertence

Desprogramémonos

Resistencia

Pau ardendo

Desposuámonos

Desapegados de calquera necesidade

Menos as humanas

As máis nobres e humanas

Que tecerán a rede invencible

A túa é a miña batalla

E tan distintos mundos .






Con Fé  Esperanza e

Amor

MaPA