venres, 4 de setembro de 2015

eclipses













Observo con fascinamento aquelas follas do verán , antes verdes
Vanse tornando ata crepitar baixo
os pés .


Quedan atrás días e noites.







Perdín.
Seino.
Non debera sabelo , polo menos
Agora
que o sei
Para qué
continuar a partida
Porque a partida non está acabada.
Non a acabo eu nin ti.


Agora insisto en seguir.











Non teño nada qué decir. Admiro a beleza das ruínas . A decadencia e as enrugas. A deformidade caricaturesca da máscara.
Pregúntome :  Foi ?

A memoria é unha sirventa que rouba á casa.Pouco a pouco van faltando cousas , van cambiando de sitio...Unha sirventa compracinte,  sí. Por iso confiamos demáis nela, inda sabendo que non se debera confiar.

Eses días de viño en copa e mantelería de liño . De ceas en restaurantes. De risas de bobos ricos .Bobos...
Non pregunto onde van .
Admiro o seu crepitar.


Nen sequera estou nostálxica. Son outra. Sempre o fun. E sigo sendo a de sempre a seguir fundíndome co desgaste e o deterioro
só pola vertixe de perfilar os lindes do vivo e do morto e chuchar do zume da sua beleza.Monstruosa beleza.

" Eu quero unha vida monstruosa "
As palabras
como as bestas, son indomabeis . Só obedecen a sí mesmas e á necesidade.
Escollín mal, aquel decir.


Aquí en Pequena Nápoli , levo xa o suficiente tempo notando o proceso.
Cada día bebo sustancia escura para asimilarme a eles. Queren que o faga así.
Infames seres, que aprauden a aniquilación do ser.
Porque non hai maior tortura , que elexir " non facer ".

A Voz aparecíu Unha vez.
 Dabondo.
Deixoume claro ,quen manda.
Que respeta a libertade , mesmo se unha elixe o medo.
 Contradictorio...Verdade ?
Dende o alto díxome con Voz Única :

" Pasarás sen pena nin gloria "

( como se eu llo pedira...)
















Abrázote por enriba do que se nos vai por riba do que se nos quita.Por riba do que deixamos pasar...
Por baixo e moi adentro :


                                            Un abrazo de Amor Infinito





      Mapa



 Estou ben . Silencio.


                                 En Pequena Nápoli  a catro de Setembro