venres, 18 de decembro de 2015

Amalia

Sala de espera. DC .
Venres dezaoito de decembro do ano que pasa.2015.









Aséptico material dos soños.Nos ollos da illa , podes recoñecerme
GRAZAS.



Esta carta é para ti . Escrita sobre seu nome .
Porque leva o verbo do Amor.

Cada vez que escribo unha carta non sei onde vai dar.
Como unha folla un globo un paxaro ...
Voa e apóusase nalgún lado.
Non me chegan novas dende hai tempo , deses outros lados.

Neste :
Calor
Artificial
de invernadoiro ou incubadora.
" Nestes sitios , un enferma máis do que está "

Pregúntome pola enfermidade...Qué é ?
Para qué ?

Amalia está ao meu lado.Fala e fala.O seu susurrar na miña orella esquerda, irrítame.
A todo lle dá importancia.
Ás parvadas das revistas de saúde que falan de " anticanceríxeno".Á almofada.Á tos.Ó subir dunha pulga polo lombo da vida.

Esa voz de aparato .O timbre.Alguén que se sona os mocos.O ruído silencioso do pensamento.
A ensoñación dun lugar aséptico invadido de nervos.
Contéñome.Conteño a tola que habita en min.E ó demo.

Onde está o Anxo ?

Nese bico do home á sua muller.Na amabilidade e nos sorrisos desas dúas.Na conversa.Na voz metálica que chama á Esperanza.

( E na risa, mestre.Na risa.No saber rirse do que nos doe ).

Volto a falarche , Antón .
Esta carta é para ti.
Dirasme a onde chegou , deixa que viaxe contigo .Amigo pirata do Sur

Dámonos demasiada importancia na nosa imaxe. E de imaxes falamos.

Amalia pasa as follas do calendario do ano que vén.
Necesitamos pasar páxina.Necesitamos querer ver.

( mestre : Eu dígoche así. Mais mestres somos todas e todos , cando inspiramos e somos espello )

Qué che vou decir Antón ...
Achéganse estas datas do Nadal.
Ti tamén fuxes ?
Vaias a onde vaias.Irá contigo a pregunta.
Inda que deixes atrás os lugares sombríos na procura doutros fríos e secos, onde atopar calor.

Eu soño , aquí , carón de Amalia.Nunha sala da capital.
Pasar un fin de ano cantando e escoitando fados en Oporto . Vestida cun vestido branco. Danzando soa na praza e nunca soa .Coa plenitude de terse a unha mesma ata o final dos días.

Mais, este ano , estarei onde quero estar, carón do seu lado.Pasaremos xuntas dun salto cuántico , de ano en ano...




Un abrazo Amado Amigo Pirata Soñador de Versos



Coa Luz

Marta filla de Amalia .




( das fillas de María Magdalena )