martes, 22 de novembro de 2016

Autoretrato 1

Obsesión

Lectura

Escritura

Estampiñas

Pequena Nápoli        martes 22 de novembro 2016







Hoxe espertei coa facilidade de estar todo resolto.Como se un anxo, o da Garda, me revelase o maior segredo mentras durmía.

A vida é fácil.

Desapareceron as preocupacións.Só hai ocupación.E un recordo, de crer no necesario.
Necesario que me tome en serio, non demasiado.
Que faga o que faga a outra conciencia levarame á unidade.E sobre todo : Non son o que penso.

Sigo na cama mentras che escribo esta carta.
Viñeches a visitarme ?
Qué estraño consolo é este, tocada pola levidade !

É certo que me avergoñei por ter medo.
Porque na  santidade non colle tal invento.Así é.

Cómo xustificaba o meu medo, cando o seguía alimentando.
E a miña fame?!
Acabaría por comerme.



Hoxe teño Nai e Pai e Nengunha Débeda.
Son claridade do ceo despois da noite.
Véxoche ó lonxe e síntome
en paz.





Grazas

MaPA




Con Amor e Fé