xoves, 17 de setembro de 2015

Desgornecida

Pequena Nápoli.Interminábel Agosto.Do ano que pasa.













Porque todo o que chega con extrema antelación.Irase coa extrañeza de non ter chegado.
Quizais...O agardado teña o seu momento e é polo momento, que se define.E é polo momento que se agarda.


As uvas xa están negras.Os acios  cobizan ós insectos.
A mel dos figos pinga desexo en labio inferior mordido.
O ar está cargado de anticipación.
A maduración fermenta a pleno sol de agosto.
Setembro foi usurpado no seu esplendor.Na traca final.
Qué lle queda para setembro...
Se ata as árbores se comezaron a espir, da calor que lle sobraba.
" No esperes un minuto más "
Acendo a pantalla.
Hoxe salvareime.
Paro.Rexistro os movimentos na pantalla.
Son rexistrada.
Retéñenme.
Saio.
Baixo polas escaleiras...Escoito a estirada e tintineante voz dalgunha pantalla dos veciños , cantando : "Anything goes ".
Nin rastro de nenos, nin de adultos para levalos ao colexio.
Nin rastro de veciños.
As flores murchas da entrada, choran .Son cruel.
Abro a porta.Un asasino coa bolsa da compra pasa ...
Na porta do hotel un turista coas suas chanclas o seu calzón a cadros a sua panza e un eslogan.Mira para o edificio de enfronte e busca ao espía.
Na tenda hai luz e fantasía.Está ela.Hoxe non entrarei.Está triste.Soltou a melena.
O asasino abre a porta dous números máis arriba.Coa bolsa nunha mán e as chaves noutra.Mira.

Hai unha cabeza de monstro sobre o manillar dunha bici.Comeza a rúa a facerse costa.Teño présa por chegar.
Pésame.
Penso que son as pernas.Dígome.
Collo un desvío.

Atraveso o bloque de edificios.A mazá pola metade.
Un letreiro no cristal dun baixo baleiro.Fálame de ti.Estás.
Sorrío.O arrecendo da croissantería...
Manteiga e París.En agosto?
Neste bando da rúa.Suben as reixas.Préndense as luces.Están corpos nos portais.Mulleres que falan.
  " te lo juro por mis hijos "
Só quero abrazala forte.Fé é quen fala.Abrazala forte...E voltar para a casa cansa.

Cae un piano.Paso por diante da cafetería.Ollos e máis ollos.Abro a porta.Un descoñecido.
Ten piedade.

As flores murchas tocan o piano.
Escoito violíns rasgando o aire.
Subo polo ascensor.

Hai unha muller triste que me mira.Non podo subir máis...
Quedo.

Abro a porta coa bolsa nunha mán e as chaves noutra.
Estouche agardando, sentada no chán de madeira.
E sinto que xa te fuches.
Maldito agosto !









               Lembra
Que te quero.