martes, 26 de abril de 2016

Escoitando A cuentagotas , marmurios dende un xardín...


Pequena Nápoli.    Derradeiro martes de abril.2016






Xa é tarde. Escríboche cando caducou o viño.
Estou na escea.E xa non bailan esas voluptuosas mulleres, de corpos amasados pola danza.

Na embriaguez dos días, deitada baixo a sombra da desidia.
Non esperes por min, estou a ver se me vingo do insolente voo da gaivota por riba da miña cabeza, a ver se me deixo matar por esa canción...Pero todo me dá preguiza.

Xa é tarde, tódolos vicios me enchen.Sen aire os vivo.Sen aire se queiman.

A única riqueza que teño, e o " xa", para trocar por calquer recordo, por calquera desazón.
Dor ou pracer, dá o mesmo.
O  importante é, sentir.

Chego tarde a este momento.E déixome ir...
Fixen co perdón unha tarxeta de presentación.
Déitome baixo as sombras frescas, no interior de covas de barro e pedras, con barricas e botellas.Buscando antra pantasmas, alguén que comprenda, sen ter que explicar...


                               " in the middle of nowhere"





Con Amor

MaPA





P.D. Esa canción que escoito.
Cómo podo esperar que me mate a voz dun anxo que salva ?

Pola boca chama coa súa á miña alma.