luns, 31 de agosto de 2015

Tres millas

Atlántica.Agosto 31 ,2015



Cando non esté aquí non terá sentido a queixa nin o arrepentimento.
Foi o que puido ser.


A rapaza da tenda vé en min a un ratiño compulsivo no seu qué facer diario.
Seméllalle que sempre vou con présas cara algún sitio onde ela tamén desexaría estar.

"-Y hoy? A donde vas?"

Antes de que mo pregunte xa lle dou as respostas.Sempre moi pulidas e edulcoradas.
Apouso o café para levar, na mesa , e o pastel de mazá.

"-Vou almorzar co mar ".

De novo a rapaza da tenda pon esa mirada que poñen os que coñecen o cheiro do diñeiro.
A todo vai decir que sí.
Terá algún honesto "non" en competencias de gustos, mais encherame de optimismo...De fantasía.

Ela non sabe para qué a visito tanto.Para qué merco tanto.
Para qué lle digo a onde vou.
Non sabe o para qué...
Eu tamén a estou levando a ese lugar do "sí", un sí da poderosa imaxinación.

Hoxe contoume que súa nai tamén se chamaba coma min.
Chamaba, porque morríu hai tres anos.Tiña oitenta e un.

"-A mi me tuvo a los 46.Casualmente..."

A idade...
Daste conta?
Para algunhas persoas é moi importante.Semella unha métrica de "posibles e imposibles"
Mesmo hai quen reduce a importancia da vida ou da morte en función da idade.

Nós somos lonxevas.Mais neste corpo trinta e cinco anos empurráronnos ata a data.A pregunta é: Cantos vividos?


"-Tua nai vivíu ata o final ? "


Quedou en silencio e logo...


"-Ya está! Ya tenemos señal para pasar la tarjeta! "


Sorrinlle, ela seguía pensando na pregunta...



" Adiós amor..."



Estou aquí, escribíndoche diante das linguas da besta.
Un café e un bolo de mazá.
Un barco coas redes
As familias a chegar
Un home
Unha muller
Surfistas coas suas táboas

O mar



Un abrazo

Véxote




Mapa