venres, 2 de decembro de 2016

Todo É Perfecto

O traballo é unha distracción necesaria.Non crés?E en exceso.Un mal que nos aniquila lentamente.
Un xuro.Unha fianza para vivir sen terlle medo á Libertade, cada día.
"Arraventada" sobre a mesa, vendo cómo arde a vela e se consome.Gasto o pensamento.
Todo son escusas banas para non ir xunta ti.Porque a morte non gusta, en asuntos de vivos.
E a quen me queixo?
Farás que se me queime ata este último vicio ?
O respeto.
O silencio.
A conquista da vida.
Todo valía para non pensar.
Non pensar.Non querer.
Lín tanto sobre a desconexión do ego...
E o meu amigo, frío.Sen Amor no corpo.
Foise.Está conxelado.Pero parece que dorme, que inda foi onte cando botaba os pés por diante e o seu corpo o seguía a calquera parte.
Sempre.Cun sorriso.E cun soño, o un de tantos.Vivíu sen darse conta, como fai a maioría.
Hai quen dixo que esperaba que isto da vida pasase rápido.
Hai quen dí: Eu teño unha amiga...Que inda segue esperando...

Dígoche :




Escoito ós meus pés, e queren camiñar sobre o asfalto pola carretera do faro.

Escoito ós meus ollos, e só queren descansala vista durmindo unha lectura ou unha boa película.


Escoito á miña columna, e só quere ficar recollida nalgunha posición que lle permita relaxarse.


Escoito ós meus labios, e só...
Só?
Só, non!
Queren duas cousas:
Bicar.
Con paixón.Compasión.E verdade.
Bicar outros labios frescos e que me
esperten do Gran Sono.
Ou, no seu defecto:
Calar.
Non ter obriga nin encomenda de falar
calquera tontería, ou sabiduría,
por cumplir co que se espera.
Silencio.
Manso e navegábel.
Un silencio como o do primeiro bico
entre os namorados.


Se escoito ás miñas tripas...Só...
Compoño unha sinfonía!
E debo darlle entrada a algo,
para que realmente teña saída.

Escoito...Agora sí :

Á miña cabeza.
                               : Non fago nada.

Qué cres que estaba escoitando?

Sí, todo pasa pola cabeza.
Así que hoxe xa non saio da casa.



Se escoito ó Corazón Só Escoito ó Universo, decíndome que faga o que faga :

            " Todo é Perfecto "











Con Amor

MaPA