martes, 1 de marzo de 2016

Carta en branco

Carta en branco.

Estaba a escribirte na fenda.Adicando o discurso e a reflexión, ó rastreo do ollo e da inventiva.
Usurpando as imaxes das persoas para revestilas de imaxinario.
Asociando o mobiliario aos recordos e os recordos ao tempo e o tempo á creación.

Estaba creándote.

Chamando por ti.
Furando a realidade e a polución das palabras.Tratando de abrirme paso antra os discursos repetitivos de quenes falan nesta sá de espera, dende onde te escribo.

Aquí mulleres falan de políctica con revistas sensacionalistas na mán.
Homes falan de políctica con pensamentos sensacionalistas na mirada.

Qué hai máis importante que o que se está a pensar e está a pasar...Pasa.
Entón pasou.
E os extraños foron coñecidos.E voltan a ser descoñecidos que pasaron, decindo as suas cousas sobre o morto, e o vivo.E sempre, sempre detrás de cada encontro, en cada ollada se agarra a Esperanza.
Esa esperanza creadora na que ti te xestas e avanzas.
Na que eu me xesto e avanzo.

E na mesa un magazine : " Mi bebé y yo ":  " CÓMO CRECE.El calendario de sus conquistas "

Esa muller loira vestida de negro e enxoiada en ouro.Miroume. ( Qué importante é ver ).
Preguntoume se podía tomar o seu café na mesma mesa ca mín.
Mireina. E unha luz fulgurou nas suas pupilas.Non sei si alí prendía ou era un espello.Ou dous espellos proxectando a luz do sol
sobre unha superficie efímera de anécdotas
e unha pantalla atómica de confidencias.

Pasou.Por alí pasou e para algo foi.

E seguín confiando.Escribíndote en branco Cartas de Amor e Fé

Non é primavera que é inverno , e as árbores deron en florecer.


Un Abrazo

Con Amor

Marta