martes, 19 de maio de 2015

Carta para un dia tedioso

Pequena Napoli. Luns dezaoito de maio 2015.



Estou aqui.
Onde tamen voltarei a estar maña a mesma hora.Tan certo como que sobrevivin a onte.

Rutina e doces sedan e ocultanme ,non por moito tempo.Seino.

Preguntaste que,que estou a facer?

Atrevete!
Preguntame como todos os ollos que queren o control,en que estou pensando...

Queres saber o que estou pensando?
Non...
Queres saber o que estou facendo:

Ollo polo cristal a xente,mentras como un anaco de empanada de carne mal feita e un cafe intragabel.
Escribindoche dende un telefono esportilado que me provoca dor de cabeza.E tampouco ten tils no tecrado." Ouh... Tenebrosismo austero!

Sei que ti estas a soas coa tua soidade tratando de que non che caia o dia-a existencia- enriba...
E tarde.
O tedio e coma o aire...Invadete.
Non te resistas deixate atopar.

Eu si sei que pensas. Estas pensando nunha illa que respira.
Un lugar para explorar.No que agora pos a tua fantasia migratoria

Sabes...
Vou decir o que estou pensando.
Porque me excita que ti estes pensando i eu o saiba.

Estou pensando...
Na muller que viste de loito e vende prendas usadas por un euro no mercado.
Esta aqui.Tomandose un respiro e un cafe
e penso en convidala ou non.
Decido non facelo por dignidade e respeto.
Non a convidaria por gusto libre,convidariaa por conmiseracion.Que arrogancia a miña!
Ao caso sei do valor dun euro!?

Un euro e dignidade.Un euro e un envase,materia prima,coccion.Enfriado e o meu traballo.
Un euro e unha millonada cando non se ten e se sinte fame.
Un euro e un desexo.Fe.Esperanza

Queres saber o que penso...
Non mo preguntaches.
Respetarei o teu silencio.

Igual ata preferirias que pensara en ti.


Nunca deixo de facelo.




Un abrazo, sen descanso




Mapa