martes, 9 de xuño de 2015

Carta no linde

Hoxe.Ribeira.Xuño.2015.Martes.






O Silencio do mar.

Sempre e silencioso mesmo cando arrebata e embiste brutal coa terra

E Silencioso

Nel as creaturas comunicanse.
Non hai confusion no levitar dos muxes do peirao.
Os que teñen que ser comidos son comidos
Todos buscan o seu alimento sen erro nin pretension.


Veño en carreira fuxindo do sol ata atoparmo de fronte falando ao lonxe.A miña dereita soa unha cancion.Torzo para a esquerda.Mudo de direccion.Xa non sei a onde vou.
Queria xantar peixe do bo,do de Gaspar ,tamen queria mergullarme no sal,e ia medio decidida a por ao dia todo o que deixei caducar.
Sen embargo crucei a rua dubidando se a musica e o lugar ao que me dirixia e o que ali fose a facer era bo para min.

O corazon a galope de fuxida e os xeonllos tembrando.
Non vou ir moi lonxe.
Un home negro cruza a estrada decidido a atopar de fronte a miña ollada.
"Ola"
O sol...

Saco para darlle un saudo,feble.
Xa estou perto de parar.
Por fin.
Rendicion
Apoiome na baranda e choro
Por fin
Mergullome no sabor profundo a sal

Veñen eles.
Peixiños da ribeira a limpar as rochas das nosas podremias.Fano.Sen mais.
Xenerosos habitantes levitantes do mar

E no pantalan os homes andan as suas tarefas
A lixar a madeira das naves de madeira
A baldear as naves de fibra
A falar de como van as cousas tan mal dende que os darriba non andan por abaixo.
Das enfermidades e do que traen como sorte
Da morte.Non se soe falar mais que co abraio de ter visto vivo ao morto e agora xa non se voltara a ver mais."Era boa persoa..." : A morte dignifica.Preguntome...

Agradecida de estar aqui e agora e de que ti estes sok,inda que fuxa de ti,ou che oculten as nubes do pensamento.
Agradecida

Choro
Que e como rir
O xusto e necesario para seguir...

Son horas de que me erga e retome a direccion.Agora que o caducado xa caducou deixareino para maña ,si hai maña.

Hoxe e dia de sal.

Que seria a vida sen sal...


Un abrazo e un sorriso dende
A mar

Marta