venres, 11 de marzo de 2016

Express

Pequena Nápoli.                   Marzo 2016.










Xa non peneiro ouro polo chán das rúas.Nin busco a miña salvación nos ollos dos homes.

Vivo nun faiado revolto existo
como única proba de mín
Estás ti, ahí
invisíbel e no Silencio.

Acendo unha vela no medio de tanta desorde.
Teño demasiada ansia para saber contarche o que me pasa.
Demasiada desgaña.
Un Anxo canta e eu coma un vello chepudo bailo sentada.Cargando lembranzas que non me acordan.Promesas que nunca cumprirei na súa, xa irrelevancia.

Aquel diccionario da infancia comíume, agora son
un par definicións.Masculino/ feminino singular.

Vexo pasar, dende a miña ventá.A felicidade dos namorados, cun sorriso de demo , sabendo amortiguado o impacto de amar demasiado.

Ninguén me ensinou a falar ao dereito.
Esquecín o que digo ao bailar.

Vén Amor
Sei que me lés por dentro
Sei que me vés en cada carta

Non hai noite que nos separe.






Con Amor

MaPA