domingo, 28 de febreiro de 2016

Entre o ceo e o mar

Ollos de fera.Estou enferma.Sorrío porque ti sabes que é ese o camiño que elexín.


Tumulto de normas obscenas fixeron dobregar a miña natureza.
Son un animal nos cubículos do propio hibernar
Escamoso e con prumas.Pel de cristal
Son un animal que ouvea á lúa.

Ti sábelo.
Pouco a pouco me levantas.
As tuas palabras desenterradas das máis remotas vidas, chegan ata a min na mellor hora   Agora.

Acubillada no nicho vendo tornar a luz.Vestida para a resistencia e para esperar.
Non me pregunto qué fago aquí,cando o mar me chama.
Non choro polos días que mato na sombra.
Qué outra cousa! Qué outra cousa aprendín, que preciso desaprender.Para perder ese medo a perder.


Sorrío.Nunca estivera tan acompañada nesta loita.
Abandoo as armas.
Desaparecen os inimigos
Non ten significado a palabra culpa.

Atraveso o frío.

Atraveso o fogar da miña infancia.

Vou moito máis alá.


Recibe esta carta de Esperanza, dende algún lugar,non moi lonxe do mar e do ceo.
O suficientemente illado para que non me pise o mundo.

Ese mundo onde ti Vives  Es e  Voas...






Ata Voltar, un abrazo



Con Amor

MaPA