sábado, 3 de outubro de 2015

Insomnio


" O pasado só é unha historia que nos contamos a nós mesmos "

HER ( película )







Cómo se deforman os corpos
E adquiren a verdadeira expresión dos sentimentos e pensamentos que o habitan

A miña cara cae
As meixelas pésanme e alóngase como unha masa densa que cae...
Un reloxio brando de Dalí

Os meus ollos enconvados
Recollen novos canais para o desagüe
Novos renglóns polos que escribir

A miña historia

Os labios
Agrándanse e encóllense
Son o único verídico






O corpo escríbenos.
Os impactos do pensamento , nas caras arruchadas.
Os impactos do pensamento nas caras tersas.
A bondade e a ruindade nos volúmenes.
O exceso e o defecto de luz na pel.
As costas encorvadas dos que foron sumisos e resignados.
A falta de pescozo dos que se encolleron ante a vida.Ou algo dentro os estrangula por calado.

Os cabelos longos de sabios e fráxiles e alopécicos dos inseguros.

As mans.
As mans vóltanse o novo rostro.

Embrutecidas en toscos dedos de falanxes anchas e pequenas.Con nós grosos.E resecas.
Falan de quen se castigou a ser escravo baixo o látigo do anodino acontecer.

As mans finas .De pel suave e hidratada.Con resaltadas veas e falanxes longas.
Falan dun pensamento profundo e ata maquiavélico.

E , non olvidemos que nas enrugas das orellas é onde se escribe o tempo cos seus pregues.





O corpo non minte.Ninguén o ensinou a mentir.

O corpo é o forte. A mente é a débil que o fostiga.

O corpo aprende a esencia de vivir . A mente apégase.

O corpo dorme nesta noite do meu insomne padecer .

E a mente escribe sobre o corpo informe que crea unha realidade sen ceo nin estrelas.Dun inédito negro que ninguén me aprendeu.
Viaxa ata o país dos soños e dende alí , lonxana .Pide...

O pasaxeiro

Sete de maio do 2013. A outra cara do Mundo.








A única verdade , é a que esqueces
O latexo perenne
As células onde gardas
o cemiterio e as estrelas

Ti
Es
Un
Ausente

Esquécete da casa
do coche
dos fillos que non tés
das mulleres que te agardan

Acórdate que
Todo o que comezas
está predestinado
A
Mudar
de pel
de orde
de forma
de hábito

A única verdade na que podes confiar
É
Transformación







Con Amor

Marta