mércores, 20 de maio de 2015

Carta para un día claro











Pequena Napoli. Vinte de maio do 2015






Cóntanme o tempo neste vello tugurio onde veño a escribirte decentemente, digo : Con tils incorporados.

Hoxe fai un bonito día para o clareo, aqui hai luz.
Cómo nos gusta a luz verdade..! Non somos tan distintos desa herbiña verde , que a precisa para a fotosíntese.

Baixaba pola rúa mentras che escribía esta carta en voz calada erguida a ollada ó ceo. Sei que cando fago isto a carta xa te chegou.

Preocúpame , sabes? Preocúpame abusar da certeza de que nos voltaremos a ver, libres de todo isto que a min inda me pesa. E tampouco é peso. Seino , é ensinanza.

Cando hai luz, podo ver mellor. Demasiada luz, cégame. Inda me teño que acostumar, estou moi afeita á penumbra e tampouco me afixen ben a ela.

Sabes dos meus equilibrismos na corda tensa.Dos "desequilibrismos" debera decir. Como unha e outra vez trato de centrar esa loita natural entre un lado e outro.
Pero non. Ou sí!
A miña contradicción é compretamente coherente. Só necesito reafirmarme.
Non teño coiro para baixar ós infernos e sair intacta.

Entón,
sobrevivir na Pequena Nápoli, imaxínate...
Imaxínate o que preciso dar de min e aprender.

Non, aqui non serve de nada a cautela baseada na desconfianza. Aquí como en tódalas partes, hai que xogar sen xogar, ser firme e constante, sobre todo constante na firmeza. E calar...Moito que calar, sobre todo o que se sabe.Pero non calar as inxustizas!
Iso vai contra o noso Códice , queimaríanos a pel do rostro outra vez, e a min xa me advertiron que me ande con coidado pois estas "operacións " á larga traen consecuencias. "Á larga" dis que...

" Á larga..."
Sorrío, como as aves feiticeiras da noite. Porque sabemos que nos turba a visión ese afán de inmortalidade.
Como se " á larga" fose un contrato que se extravía e non se cumpre.
Como se morte e enfermidade e desgracias lle ocorresen ós demais...
Ata que , nos ocorre a nós.
Entón sabemos da nosa inmortalidade.
E qué pouco nos ha importar as banais glorias que agora perseguimos.
Falo por min, xa sabes que ando metida en líos constantemente, mesmo aquí na Pequena Napoli, teño que aprender a "saber calar" o que sei , e usalo "docemente", dixéronme e insistíronme antes de deixarme ceibe.


Docemente?
Cómo podo manexar a ira que me provocan certos actos?
Ah...Si : Contemprándoa en min e aceptándoa, sen quedar nela. Seino.

Sabendo o que decía Platón ( de ser él quen o dixo, de non ser , que me perdoe. Nin que importase! ) : Dis que decía algo así como : " Sexamos comprensibeis cos demáis porque cada quen esta librando a sua propia batalla ".
Qué vou falar eu, que unha e outra vez véxome sometida ó Exame dos Espellos.
Mais tamén lembro as tuas ensinanzas da Espada.


Estou cansa.
Isto cheira a tabaco . Agora ninguén fuma nos locais, pero este tufo quedouse, como se queda todo gravado no corpo e no corpo dos lugares.
A muller que o rexenta tose e cuspe nas máns.
 Viste de loito, quizais por ela mesma...

Hai tanta xente morta rulando por aqui... E eu tamén son " xente ", non sei qué clase de animal son, quizais un roedor que se transforma nun reptíl de árbore e logo nun mamífero acuático.Porque preciso Luz e Mar para vivir.

Por este lugar do mundo atópome moitas especies, inda que  na Pequena Napoli abundan as serpes e as aguias.
Hoxe mesmo fun testemuña de ver como unha águia capturaba no momento preciso a unha serpe. Xusto, cando eu me vía un pouco rato, case gata, a piques de gata...Zas!
Pasou no momento antes de cuspir a sua toxicidade, unha formidábel aguia branca.
Algunhas veces cando a vexo empardecerse paso a falarlle, nunca como rato, por suposto, quizais como animal acuático grande, sí.
E lémbrolle o importante que é o seu traballo, que se canse, que ten dereito. Que descanse, por dereito tamén. E que siga sobrevoando esta espesura gris nube que nos cubre.

Ela, a aguia, dime moitas veces  que para despexar os ceos utiliza o NON cando quere decir NON, estando en consonancia co seu sentir. Os NON despexan o SI , e...Velaquí tes o ceo claro dun herbal nas aforas da Pequena Napoli.


Pequena Napoli...Dura e amorosa cidade.



Utilizarei o que sei para non interferir na tua vida alí onde estés. Pero que máis ten! Todo foi escrito.




Un abrazo,
coma Sempre



Mapa