mércores, 3 de xuño de 2015

Carta na fenda


Pequena Napoli.Maio 2014

Acabo de chegar ,pousei amodo as maletas no chan para non facer ruido e espertar aos veciños.
Ninguen ten que saber que o vello piso da señora Domitila volta a estar habitado.
Asi mo pediron.
O edificio e un lugar seguro.Esta protexido.Case mais seguro que camiñar pola rua as doce da maña.
" A noite para os da noite e o dia para os do dia "
Agora,nin respetan iso.
Os da noite deambulan por calquera lado sombrio,e non falo de obscuridade visibel.
Falo deses lugares que teñen ese cheiro e ese ruido subliminal inconfundibel.
Calquera terraza as doce do dia ou un banco na praza pode ser un lugar sombrio.Estan ahi.Non miran como os demais,inconfundibel.Teñen ollar de ladrons.

Asignaronme un buzon.E xa me agardaban cartas.Encollinme cando entre elas atopei o numero mensual de Amnistia Internacional.
"  ACTUA"
Rezaba nunha das paxinas.

Pechei o magazine acusada.Apenas quixen follealo antes de pousalo nalgures desexando que desaparecese.

Desaparecer

As cousas e as persoas e os sentimentos e o vivido,desaparecen asi ,sen mais?
Si
A veces si.

Inda que co tempo.Sempre co tempo no tribunal voltan a aparecer baixo a luz,do dia ou da noite.

Non teño medo,porque inda estou furiosa con todo o que esta a acontecer.Esta gravedade
Que nos fara crecer . Doe.

Pero non esquezo,inda que se traballa moito para isto.Que a ira produce o ruido e o cheiro.Fainos perceptibeis...

Por iso vin aqui.Hai tantas ovellas negras como brancas.O peor non son as ovellas.Ou si...     A indecision.



Esta e a miña primeira carta.Penso  escribirche todas as que poida ata voltar a casa.
Logo non sera preciso.

Sorrio. Sei que sentes o meu sorrir

Grazas

Un abrazo

Mapa

Hoxe vin nunha parede branca da rua principal, esta pintada :

"  Desexamos vervos ocupando os cargos do goberno e da economia onde poidades decir a verdade,e a verdade en si mesma vencera a mentira."

O ceo esta azul...Esperanza.