venres, 11 de decembro de 2015

Redondo


Pequena Nápoli.C.D.C. Departamento 4

Bótoche de menos  na Babilón.



Unha muller berra e defórmase.Segue deformándose.En proceso.Cadea de mulleres...Plastificándose : Ollos.Beizos.

Baleirado para recheo de sustancia tóxica inoculada polo oído esquerdo.
Taponados orificios de necesidades.Fusión de materiais.

Retirada de taras.Desperfectos.Pensamento autónomo.
Error.

Nivel de conservación óptimo en medio denso.

Aluminio.Cemento.Carnes moles.Veas rebentadas.Absurdo.Máis absurdo.
Deformación da realidade.

Producción mórbida intelectual : Compretada.

Dous desos bolos redondos e furados.Véxote ao lonxe.Dibuxada.

Sorrío sen sentimento.

Bótoche de menos...Bótoche de menos...Bótoche...Bo...Bo..

Malo
Malo
Malo

Error.