sábado, 6 de xuño de 2015

Carta no ceo

A tres mil metros sobre a terra.Sabado seis de xuño do 2015.Algun lugar do ceo

Apareciches e fixechesme aparecer.

Afortunadamente a nos non nos afectan os fios de cobre nin a fibra optica.
Todo o mais desafiante e reclamarnos en papel e logo queimalo.
Estamos
Permanentemente no aire.

Preguntasme que "que tal estas?".Sorrio
Sabes ben como estou,so necesitamos confirmar a nosa permanencia unha vez mais coa presencia.

Ningun lazo entre nos.Ningunha pedra.

Aqui a vida vai pasando...Non e iso o que di a cancion? :"Es eso que pasa mientras andas a tus planes..."

Aumentei a xornada laboral e fundome antra o metal e o seu ruido.Ata desaparecer durante oito horas.
A sinfonia de engranaxes e ideal para evadirse do "mundanal ruido".
E pensar en paxariños xa non e de oficio.
Penso
Na engranaxe que me confire.No meu mundo sometido a dictadura do esforzo ata a extenuacion.I e asi como atopo a paz mental,no esforzo do corpo.

Non...

E ti sabelo.
Non e asi.
So vou un pouco mais lenta . Por iso desfruto de que me atoparas aqui.
Onde ti gravitas coa tua lixeireza mentras trato de ir MAIS LONXE.MAIS ALTO.

O  outro dia vin ao teu gato de ollos azuis,en soñosMiroume e faloume con serenidade pero con firmeza.
"Nin unha soa pinga de vida.Nin unha pode ser derramada.Conciencia"

Dende ese dia esperto na madrugada sempre a mesma hora.
Tamen teño escoitado cousas que non vou decir porque xa se sabe o que pasa coa palabra proferida ou escrita.Xa se sabe...

Hoxe e un deses dias no que as horas pasan rapido.E no irreal e sabado.
Continuo nos circuitos.Baixo o vello magnolio coñecedor de segredos.

Eu nunca fun a ti mais sen embargo conservas un bonito recordo .

A nosa distancia e imposibel como o "Sempre " e o "Nunca"

Veremonos...Si.

E sera cando este a un con cincuenta e oito metros do chan coas azas  despregadas.

Un abrazo

Mapa