sábado, 12 de novembro de 2016

Queiras que non

Pequena Nápoli      novembro '16





Debera mercarche o libro.Pero nunca cho podería pagar.
Viaxa comigo polos sitios, é o meu ser de compañía.
Debería, mercar este libro na libraría.Pero non sería él mesmo.
Tan vivo.Que respira.
E fala comigo.
Faime compaña, sabes? Esa clase de boa compaña que é presencia e dialoga alma con alma en silencio.
Leo, como si se fose a gastar, como cando era pequena e gardaba os chicles no seu envoltorio, para despois...
Para saborealos duas veces antes de que perderan o sabor.

Creo que me namorei dunha cousa.

De novo volto a sentir, a suavidade do tacto.O arrecendo identidario.
De novo teño unha intima compricidade con "algo".

Dalle as grazas a Murado, como él llas deu a sua nai.

Douche as grazas a ti,
por prestarmo.

Xa estou chorando o día de voltarcho.
Mais sei que todo amor cambia de sitio.
Para min non se acaba.




Un Abrazo


Con Amor

MaPA