venres, 19 de agosto de 2016

Polas miñas ás!




Lonxe da Pequena Nápoli                       Algún outro día.









Adormece en min a Nada 
 
Unha profunda mirada abisal

cando fallan as palabras .

Gañas ,

gañas enredadas que fallan , tamén 


 

Recollo os enseres 
 
Recollo canto deixei tirado para a cesta da nostalxia

Entendo

Agora

Que todo é invento 
 
Cada enruga na cara é un camiño rematado

Cada porta pechada , seguirá sendo

Una fiestra aberta




E quen eu quixen 
 
Non é aquel corpo abandoado apodrecendo

no esquecemento de formigón
 
Non é a casa pechada 
 
As pedras que falan doutros tempos




É 
 
Cando miro ó ceo e vexo

Cando a miña pel é todo ollos

e as miñas máns son ás





Non hai eternidade coñecida

Nin o Non é a negación do Si

As palabras estorbaron en tanto

foron a durmir ó nicho do tempo





Mais sei que voaron

Que deixaron nesta beira a carcasa innecesaria

E fóronse etéreamente 
 
Á eternidade , lonxe do racional




Veñen invisibeis ,

elo non pode ser inventado .




Síntoas vir …


Vivir nas profundidades 
 
de onde nace a Auga

 
a Luz