sábado, 7 de maio de 2016

O teu profundo verdadeiro.Aquel que aprendiches a temer


Estamos sendo libres se o noso pensamento é libre.





Que cómo sei si o meu pensamento é libre?

Sentindo.

Sí,
penso tanto, que xa me esquecín do que sinto.
Mesmo podo sentir un sentir inventado.E con él, tamén inventar problemas, e reproducir sentimentos elaborados a base de proxección.


Necesitei namorarme de ti.Para xustificar o meu descontrol.
Necesitei que non fose carne pola carne.Desexo e fame animal.
O animal é bruto non refinado, decíame.
O animal é escuro, e non pode ver, decíame.
O animal é voraz, decíame.

E o animal era verdade.