martes, 30 de agosto de 2016

Vivir antes de morrer

Nova Nápoli. Eterno setembro.









E non falo de vivir xusto nos intres antes á expiración.
Falo dun percorrido vital.
Dun camiñar pola idade e os días e as horas e os segundos.Ata esnaquizalo tempo, e só vivir.

Daquela non me acordo.Nen sequera doutras labazadas.
Sí acordo os berros coma os do moribundo choro do porco ó agonizar.

Cada día era unha agonía...Que pouco a pouco  tinxín de pracer.
E logo ela tinxíume de costume.

A ela nacéranlle durezas no corazón e ourizos nos ollos.
A min saíranme enrugas no rostro invisible...





Setembro... Inda non.