luns, 8 de xuño de 2015

Carta de extraradio

Pequena Napoli.Maio do dous mil dous.





Inda non viñera para aqui.
Inda non estabas ti.
Inda corria polos cortizos nocturnos
buscando sombras que pegar aos meus zapatos.Para camiñar
decente polos dias de sol e nas prazas.

Nunca me gustou o que lle fan aos touros
O espectaculo publico da des-union entre os dous animais.
Por que gañan os pensantes?
Por que?!
Se vai ben demostrado que non saben pensar.

Os touros cos seus rios de sangue habitan en nos.
E nos cohabitamos coas galiñas

Por que nos acostumamos as delicias dos cheiros infrahumans?

Non sei...

Inda non nos coñecimos.
Inda camiño polas "calles longas de Santigo"
Inda agardo sair daqui.

Non tardes.

Para todo o demais,pasaran anos e historias de corrupcion e sometimento .
Derribaranse falsos totems do luxo fronte aos nosos ollos.
E seremos febles  ante a ambicion dos "outros".
Porque nos tamen somos os "outros".Na sua prolongacion binaria .

E ( imaxinate que teño para un xeneroso til neste aparato chino taladrador ), enton...
E ( con til ) de noite cando che escribo.Trato de non facer nada que me atrofie mais.
Atoparasme
Estarei comezando a perderme pero non o saberas.
Recollerasme rota.
Tampouco o saberas.
Recompoñerasme anaco a anaco.
E iremos paseando polos dias ata que o contido fermente dabondo para abrir fendas onde habia desunion apegada.

Terei que fuxir.
Viran a por min.

Riome como se rien as bolboretas.

Todo esta acordado

Liberacion  Verdade

PAZ





Un abrazo polos tempos que non son e seguen sendo

Mapa