martes, 15 de setembro de 2015






Hai tempo que non che escribía, nin che enviaba unha foto. Pedírasme hai tempo, unha. E ésta, que che envío é de hai tempo.
Espero que me recoñezas debaixo das capas de cor , decías que o Warhol destacaba con cores sobre o gris...
Velaquí o gris as cores e o tempo.


A nosa amistade apenas comezou noutrora lonxana que retomamos no continuo movimento aquel comezo, onde nos intercambiabamos fotos e postais na distancia.

Desfruto vendo como a carcoma dixital tamén roe os recordos . A fermentación é imparábel. Qué queda despois de nós ?
Da nosa infinita amistade
Qué deixamos atrás ?


ÉL tatouse no brazo , que cada día morremos e sen embargo crémonos eternos.
 "Pasou páxina ". Dí
Mentras... Eu deléitome co deterioro cromático das vellas fotos que nunca se pasaron a papel.
Nin o dixital é eterno , meu amigo real virtual evanescente. Deixémolo quedar sen etiquetas , queres...

Cómo estás ?
Qué páxina estás a escribir ?
Ou , é tempo de ler ?

Entereime que as cousas cambiaron. Que publicaches por fin  o seu libro e que estás rodando unha curta. Que agora escribes sen pudor e sen xustificarte ao deus dos pagáns que cobra altos tributos.
Confías. Falo. E expías.
Cada quen sabe por qué o fai.
O Olimpo xa ten o cupo pechado de deuses e deusas , seica non sacan prazas para opositar dende ...
Inda que sempre quedará algún discípulo de Orfeo que pase a sua humana vida tentando rascar no divino, e xa se sabe ... Que o factor do factotum non sempre é o talento, nin tan sequera o traballo , quizais sí, sempre axuda : A sorte. Pero hai algo máis grande que pode pasar desapercibido, prepararse para o esquecemento, e para desaprender.
Só os libres entran. Deixan as suas peles no percheiro , sen importarlle a gloria.
Quen traballa para a gloria, traballa para a Morte , gosta destos pequenos manxares burlóns.


Meu Amado Amigo , segues comigo apesares do tempo e do gris e da erosión da cor sobre os recordos.
Camiñamos xuntos , lémbrao. Chegaremos a onde xa estivemos e voltaremos a rir , extendidas as ás.






Un abrazo con Amor


Agardo novas tuas sen agardar



Mapa