xoves, 7 de xullo de 2016

Tende a infinito


Pequena Napoli      venres 2:12AM.






Lembro como gardabas as cancións todas ben dobradiñas neses discos,escritos coa túa letra en maiúsculas,propio das persoas inseguras...Iso dín.





Torre de carne.Cúmulo de estrelas

Síntote triste chorándome dentro.
Deixo para mañá salvarme.Cada día, para mañá...
Silencio.


Cánsate xa!

Eu teño a forza de dez mil kamikazes espetándose contra  o amor.
Ese amor que non é.

Non podes salvarme.Ninguén.

Cada día...
Os edificios son de cartón
A xente unha bola  de ideas que me come na cabeza.
O que vexo segue a ser o que vín onte.

Todo roto.
Todo roto

Pregúntome por qué gardo aquelas cartas.
E as croias das sete cereixas.
Tódolos recordos soltáronse da vida que amarraban...

Non te soltas ti de min.Nin eu de ti.

...