mércores, 27 de abril de 2016

A hora

A Illa.         Mércores 27 de Abril. 2016









Imaxínote detrás do cristal da ventá da túa habitación.No mencer.
Coas primeiras raiolas de luz.Entre ti e ese mundo silencioso collen todos os segredos.
Imaxínote escoitando como unha  pedra milenaria, o canto das cousas.Por enriba do teu calado pranto.
E no ollo dereito unha bágoa caendo.
Imaxino a viaxe da bágoa.Coma o camiño do magma ao sair do corazón , dende as profundidades da tua boca selada.

Imaxíname na primeira hora.Amartelada fiestra.Ó lonxe un Titán de formigón.
Todo o lonxe que estou eu da miña pel.
Imaxínate a miña canción, tocando ti a guitarra.As notas que desgarran a carne para que poida sair, ese líquido cor do café.
Polo ollo esquerdo , esvara a bágoa.

Imaxínate que neste caos, chega o noso barco.
Imaxínate a inocencia castigada do noso corpo.
Qué poderíamos facer...Se non, deixarnos voar ...
Amar a nudez.
Soltar amarras.
Entregarse á forza das augas  que nos leve cara ese imaxinario sol.
Nesta mañá  oculto detrás do teu canso pensamento de primeira hora,
maila miña perda constante de memoria.

Imaxínate que é  Agora






Con Amor

MaPA




P.D.
Abro os ollos nunha páxina do libro.
Apousado día tras día no mesmo sitio.
Nunha mesa caótica.Na cociña asediada polo abandono.

Na páxina 341 , do libro , dí:

" Cuando es la hora , es la hora.Aunque la mujer no esté preparada, aunque las cosas no estén hechas, aunque hoy tenga que llegar el barco.
Cuando es la hora es la hora.La mujer foca regresa al mar, no porque le apetece, no porque hoy es un buen día para ir, no porque su vida esté limpia y ordenada; no existe ningún momento limpio y ordenado para nadie.Se va porque es la hora y,por consiguiente, se tiene que ir."

                      Clarissa Pinkola Estés. " Mujeres que corren con los lobos "