xoves, 15 de setembro de 2016

Alexandría...

P.N.          Setembro '16 xoves.








Mentras paso os folios manuscritos
coas palabras de Valle-Inclán...
Descubro que o mesmo que me
paraliza no traballo , é o mesmo
que me paraliza no amor.

Unha fame Grande.Unha emoción ENORME.E unhas ansias de posesión.Iguais ás de querer comer o mar.

Boca devoradora de titáns,
nacín humana, e non aceptalo faime
impotente ante aquilo que conmove
e estremece a miña alma.

Da fame, quedou a vertixe.E da
vertixe o medo.Do medo, a mentira
rumiante.

Enfróntome ás palabras grandes, e
ao grande descoñecido...Escapando.Deixando
que as horas e os días me
conduzan a un "irremediable",





" Y amamos aquello donde se atesora
una fuerza que oponer al Tiempo "

                        ( Valle-Inclán )



Bo día ,

Corazón pensante .






P.D.

Trato de facer as cousas pensando en nós. E en  " El Milagro Musical "




Un abrazo

MaPA