xoves, 3 de novembro de 2016

A tua branca sombra.

Sempre presente.   Pequena Nápoli







P.D.( Qué estúpida por retorcelo )



Se non quero facer nada
Escríboche unha carta.

Se non creo en nada
Escríboche unha carta.

Se non estou namorada nin quero estalo
Escríboche unha carta.

Se quero falar con alguén e con ninguén ao mesmo tempo

Escríboche unha carta :






Estou coa lingua pegada ao ceo.
Quizais taquicárdica.
Demasiada cafeína.E demasiadas gañas de mandar todo ...

Pero iso sería por un pé no baleiro.

Pregúntome 

Se andas con moito estrés

Cómo che van esas patiñas e as tuas garras?

Se dormes ben...
Se alguén che ensinou xa ou che recordou cómo se fai o amor.
Se perdíchelo vicio
e demáis perturbacións que che acompañan,por decisión,
ata o fin dos teus días.
Se tés choio.Moito choio.E bos ingresos.

Logo soño, que un día  nos Veremos
E será Amor.
( Nada que ti agora entendas )

Polo momento só sabemos mal
tratarnos.

Eu por aquí, ben.
Observando o corpo que fai cousas raras que non entendo.
Dende hai un tempo
cáenme chuzos no corazón.
E a barriga hínchase
e fago malas dixestións.

Penso...


Pasará moito tempo...



A veces a ESPERANZA alónxase e non me importa perdela.
Entón...

Escríboche unha carta.








Sempre con Amor :

MaPA

A tua branca sombra .