luns, 19 de decembro de 2016

Santa Risa e os seus Milagres


Pequena Nápoli              Día de acción de Grazas







Hai uns minutos pensaba en matarme.Nada grave.Pero parecía preocupante.Sobre todo para min.Pois dependo de min para seguir viva.E claro, unha parte víase arrastrada na oscuridade pola corrente do monótono e anodino, e por unhas costas cansas que semellaban pesar cal pedrolo ó lombo .Dolorida como un polbo mazado vivo.Non sei si ós polbos lles doerá moito cando os mazan, sobre todo porque se soen mazar mortos.Pero un polbo vivo mazado, sentirase apaleado como as miñas costas culpabeis, de sabe deus cantos inventos?Un deles e moi recurrente: O da morte.
De pronto antóllaseme unha tapa de morte á feira e sempre hai un esceario, e ningunha testemuña aparente que poida evitalo.
Menos mal que me mata a preguiza, para salvarme de facer calquera parvada, que non sexa a mellor: Matarme de risa.

E por unha ventá chegou a pomba.
Gris.Sen cursilerías.Co papo irisado e común das prazas compostelanas, no tempo en que os que van a menos se deteñen e dan de comer ós que van a máis...Esa pomba petou na ventá cunha canción de Nadal .Pódelo crer? Qué cousa máis ridícula e dramática á vez?
Quen pode entón permanecer na penumbra, cando unha pomba gris trae unha canción de Nadal de Mariah Carey?Mirei

Foron uns segundos.Cando unha risa.ParecequefoiDeus! Cando outra! E xa a miña renacera.Como chegada doutro mundo.Rínme.E unha pomba salvou o meu canto outra vez.





Con Amor

MaPA





P.D.

Con Amor para ti, Alquimista
e para o teu exército de Anxos de Compostela.En especial ese que fai coreografías cos brazos mentras apunta co soprete de fundir metais a tódolos lados...

GRAZAS POLA RISA QUE NOS SALVA