luns, 30 de xaneiro de 2017

Milagres e mediocridades.



                                                                                             Un día




O heroe ten medo
Aos lugares pechados,de cemento.
Ou sexa : Ten medo a ser privado da luz do sol.
O heroe chora
cando non o vé a nai.E
Escribe a sua historia
en papeis dobrados baixo a almofada.
Entrenándose en mentiras épicas
Pulindo as verdades ata facelas lexendarias...
O heroe é de carne e óso.Revestido de esperanza
con calzós de oportunidade.
Ó heroe dóelle o costado de tanto
rir e caer...
Rir.E caer.
O heroe Érguese.
e Continúa...