xoves, 8 de decembro de 2016

Camiñar ata a túa casa.Sen sair do camiño

Teño a cabeza chea de gaivotas que se queixan.
E pombas que se desesperan.
Suicidas .Kamikazes pombas grises
que levan a mensaxe a ningunha parte.

Voaron cinco corvos negros ó lonxe
E quixen saber o seu significado :

Victoria e Virtude.
Victoria e Virtude.

O mellor de ter un destino é a irremediábel victoria del.
A exención da responsabilidade de non fracasar.
Pero, inda así, somos condeadamente libres
E o libre albedrío ponnos a proba.
Quizais sexa esta, a única victoria :
A do libre albedrío.



Quero contarche que recibín a súa visita.Marchou ó mencer en forma de soño.Fose en soño ou vixilia.Estaba alí
Maxestuosa .
Debín pedirlle algo dende a covardía
que as suas últimas palabras foron:

" Pasarás sen pena nin gloria "




NON CREAS NUNCA AS PALABRAS QUE NON ESTÁN NO TEU CORAZÓN



Con Amor

MaPA