luns, 14 de setembro de 2015

Postrimerías










/ Pequena Nápoli.Setembro 15,2015







Causalidade platónica.Ti e eu.Detidos.Sobor de nós mesmos.Tan lonxe...



Ameite.


E logo esquecinme.








Paso as noites, vendo pasar as horas.Castigando ao corpo.
A casa está insoportábel.
Fala soa.
Baten as portas.Sen corrente.
Alguén se sentou na desorde.
Demasiado feo.Para deixarse ver.
Mellor así.
Nestes días.Novecentos días sen ti
Adícome a gastar todo o que se pode gastar
Gastar todo o que se pode acumular
Gastar o que se desexaría ter 
Gastar para chorar .Un pouco
cada día.
E limpar así a polución da mirada.


Non teño nada novo que contarte.
Sigo namorándome e desnamorándome
Unha avelaíña achégase á lampada e queda
un tempo.
Dabondo, para acabar calcinada
na candescencia.






Abrázame quero que volte o sono.


Con Amor :


Mapa