martes, 24 de maio de 2016

Abril Sempre Abril

Cando facíamolo amor

había un pasadizo secreto que percorríamos ,

ti co teu ollo esquerdo encaixado no meu dereito.

E mirabamos

a tentas

pola rendixa pechada da sombra

toda a luz que producíamos

Agora entre eu, ou sexa ti ,
hai un tránsito claroescuro en carne de pedra
que só percorren as arañas
en espera...