mércores, 4 de maio de 2016

Ollos de gato triste

Vermeo Sur. Día de marte.




Estouran no ceo.Os días.Pompas de xabrón.
Miña nai
Estou perdida.Unha vez máis
trabuquei a saída.Alguén me roubou.
Paguei ao ladrón dos días
Tributos de corazón e
as suas feridas.

Xa non no mar nin nas redes de peixe.Furadas
Xa non pola fiestra baleira.Da infamia
Estou lonxe

Miro ao ceo.
Ergo a ollada e alixeiro o corpo de desexos
Pero corpo inda estraña o que non viveu
O mundo cae aniquilado sobre a infinita.Estupidez

Amada
Lonxana terra da palmeira
Ollos de caracol universal.Espiral
Recolle.Os meus soños
E o meu silencio
Tece con elo.Para min
Unha nova pel
Insondável