martes, 9 de maio de 2017

Carta rota

Nun bar, desos de decoración e sen alma.  Un día de corenta e oito horas.Pola mañá á sinistra hora das doce do mediodía.
Neste ano que nos pasa por riba.Xuño 2016
Para ti.Sempre Muller.



Insisto en deportar a memoria mentras esas mulleres se sentan nas portas.
De casas con furados negros, e cortinas de saco ao fondo.Tristes tigres.Pasan...
Os seus ollos seguindo o rastro de ningún home, quizais un.Uns poucos.Ningún se achegará.
Non esperan que ninguén as salve.
E falan para o vento no seu idioma
mentras baixo pola rúa do pracer.
Pola súa porta...

Mírote de esguello princesa. Igual que se foras unha fera enxaulada.
Teño medo do que penso porque non podo verte.
Grande e Gorda é a miseria.Negra!
Quen che defende cando te rompen?
Onde te agochas do sol ?
Miras o pan na mesa.E a botella
Auga que corre
Vida que segue
Fame que se mata
Memoria suxeita a unha promesa
que te fai presa.
Permíteme que pronuncie o teu nome no profundo do Corazón do Universo.
Fareino en Silencio.
Sentada á porta do sorriso da Inocencia
Alén das crenzas e da memoria.
Pídote Perdón

Con Amor
MaPA