martes, 9 de maio de 2017

Luzada

Pequena Nápoli.   Madrugada do 21 de xuño , 2016




Alegroume saber que che gustara.
Ás veces síntome como un titán cargando o peso dun mundo , o meu , que non existe.
Outras, vou na procesión do mundo.O mundo de outros.
Teño soñado co mundo que quero, é certo, pero ao contalo roubáronmo.
No meu mundo deixo as portas abertas de vez en cando.
Logo péchoas. E perdo a chave.
Entón xa ninguén vén a visitarme...


Tropezo coas palabras.E elas comigo.
Escribes :" O meu mundo "...
E claro, primeiro tropezo co posesivo.E logo tropezo co mundo
ao que me apetece darlle unha patada e mandalo fóra de tódolos contextos sempre que o atopo. Ahí , tan resabido e inchado.Ocupándoo todo.Enchendo as bocas.
Como : " Felicidade"
" Os outros "
" A xente "
E a terceira persoa do plural en conxugación conspiradora...
Pregúntome á mellor hora para as preguntas inservibles.Que qué será " mundo". E se hai un "meu", é porque hai máis, e supoño que distintos.
Ou...Repártese o mundo a cada quen o seu pero copias dun outro mundo orixinal?
Un mundo orixinal.
E a súa reproducción...
Qué sei eu o que é mundo..!
Pero acabo de chegar á casa na madrugada.Despois dunha longa xornada, xa sabes.
Non hai gato que ande co rabo levantado.Nin can que veña a recibirme.Hai un televisor sí, mais qué sentido tería seguir sen pensar para durmir.
Eu o que quero é pensar.Depurar o ruído.Polución nocturna de pensamentos.
E tropezo con " mundo".Dasme un motivo para ese enfado crónico que veño padecendo.
Esa bola abstracta aliméntase de pensamentos.
Como un oráculo gordo , fala.Dogmático e caótico.
Pare criaturas que devora.
É do Soño a orixe e a evolución. Mundo "lle chaman" " eles" ...
Hai un mundo dentro da miña boca alén das profundidades das entrañas.Unha nebulosa por onde brota a luz do Manantial entre a solemne escuridade complementaria.
Hai un mundo nano insertado nalgún lugar do meu territorio neuroplástico.
Infinitas secuencias descoñecidas xerándose en entidades.Ahí fóra desta envoltura que te escribe.
O mundo paradigmático e o prostituído mundo.
Lugar ou Poder
-Delirio-
Xa non sei do que falo...
Mundo é básicamente unha palabra
que me enche a boca.Unha POMPA
Unha borracheira
Creo que sí.Que despois de escribirte esta carta podo irme a soñar tranquila.



UN ABRAZO
Con Gratitude
MaPA