martes, 9 de maio de 2017

Cousa seria...


Limiar di Napoli .Dobrez de folla.08/18/2015



Inda estamos a medio camiño entre o animal e o ser espiritual.
Mil anos máis ?
Não foda...



Meu  amigo :
Que cho teño dito.Que non vou falar do que falan outros, os entendidos, os que saben falar.
De cousas serias.Moi serias.
De cantos mortos hai.Dos roubos.Dos infortunios.Dos avances.Das loitas.Da ciencia.Da tecnoloxía.Do " Think Positive" e a Nova Onda gastada de chiringos montados para o éxito e para a felicidade, nun mundo tolo.E material.Sexualmente material.Instintitivamente racional.E mordaz como morde o capital e o comunismo, a filosofía e a relixión.Como se dán a mán o cataclismo e a salvación, para saber cando entran e saen da escea.
Vamos...
Falar de cousas serias...
A iso veño.
Hai cartas.Moitas cartas! Que calas as tuas ansias coa tua amada.
Non falas daquilo que agochas, porque falar de Amor se non é a lo grande, non se fala.
Porque unha vez me dixeras que estabas namorado.
Que iso era unha merda.
Pedías vacuna de inmediato!
Vamos...
Sexamos serios
O namoro é unha escusa, un pretexto para estar máis vivo, ou xustificar a enfermidade na que nos sumimos todos xuntiños en suciedade.
O namoro é onanismo puro.
Amamos o que queremos para nós mesmos.
E...Está ben.Porque nos move a ser aquilo que ansiamos, a ver o espellismo, a permitir á Imaxinación que dé sentido á existencia sometida.
Vamos...
Agardo unha carta seria pola tua parte.Na que dés detalle de como avanzas nesa loita.
É agradable ver como inda se pode cambiar o mundo nunha loita que sempre nos fai exame de autoconciencia.
E sí.Para todo o resto do que nesta epístola obvio.Ponlle un "me gusta"
Estou contigo
Un abrazo con raíces e follas
Mapa