mércores, 1 de novembro de 2017

Fentos

Hoxe esperto con forza como para facer unha longa viaxe entre dous mundos.
Soa unha canción dun tal Jackson Browne: Rosie
Case estou a punto de chorar.Hai cristais nos meus ollos e auga con sal perfilando o naríz ata mollar por fin, o mantel.
Primeiro unha pinga, logo outra.Caerá a terceira.
A ventá está aberta, e non teño desexos de probar a gravidade de botarme por ela sen saber voar.
Rosie, agoniza.Hoxe andarei entre dous mundos.Rosas e crisantemos.
Mirarémonos os dunha cos da outra beira.E os de máis alá do mar, dirán sen decir nada, que estamos errados.
Desde aquí falaremos do de sempre: Do recente invento da felicidade, e de cómo se cambia libertade por capital.
Xa ninguén lles pregunta, " que tal alá", dalgún xeito sabemos que o peor está "acá".
Pero claro, en tódolos lados, hai un territorio que non é de ninguén.
Polos que alí permanecen , acéndense os farois da noite, quizais desesperados como avelaíñas se acheguen á luz pedindo piedade, coa mesma desesperación coa que moitos agarran a vida, sen podela agarrar.

,