domingo, 23 de agosto de 2015

Procrastinación

Abro as páxinas do libro:


"Unha palabra da fé que nunca defrauda.
Un tempo tan bo coma outro,aquí ou mañá son todo o
mesmo para min."


Pecho as páxinas.




Ábrome a ti:

Por fin cheguei a onde quería chegar.
Teño os cabelos longos e negros ,
e xa non poden ser ocultados
os cabelos brancos.
Os meus ollos seguen cambiando de cor.Seguen sendo dun verde intenso cando choro.

Agora bailo sobre chán de madeira e vivo
soa nun edificio familiar.
Os meus animais de compaña son os
peixes prata que me saudan cando volto
á casa logo dunha longa xornada,
entregando forza e vida a cambio de
cartos.

Este é o lugar ideal para unha despedida
meu amor.
O lugar ideal para os menceres de luz
morta e o solpores en calquera dos
recantos  do paraíso.

Estou onde quería estar.Sorrío.

Outro día máis camiño ata o precipicio
Deixando regueiros de identidade
borrando as miñas pegadas
mailos teus ollos lonxanos xa.

Non podo explicalo , meu amor.

Por qué pasan as cousas que sempre
desexamos.
E por qué desexamos aquilo que
tememos.

Non podo explicalo, meu amor.
Como a pantasma do pasado come
algúns corpos e almas .
Como ben e mal non existen.E sen
embargo botan o seu pulso na nosa
mente.

Bailo espida.Tumbada no sofá.Traéndote
aqui.Sobre a luz da tarde que se
vai.Dourado como o Anxo que me agarda
na porta do hotel.
Ven.Fai esa viaxe por min.Bebe da miña
fonte.Comprende
aquilo que non sei contar...

Tócame o rostro


Bícame.
















Insistimos en falar daquilo que ansiamos
Buscamos o olvidado

Recorda:

Unha palabra da fé 



Con Amor


Mapa