domingo, 23 de agosto de 2015

Parede golpeada

Tres de outubro do 2015





A tía Rosa pregúntame por ti tódolos días.
Creeite unha vida nova nunha illa.Un traballo e unha familia.
Así tranquilizase tia Rosa.Faina felíz pensar que con iso poidas ser felíz, porque sobre as miñas historias ela proxecta a sua vida .E atopa futuro.

A tia Rosa non ten futuro.Leva anos morrendo.Coa casa chea de cousas , non deixa que entre ninguén, sempre ten unha excusa  e anda con présas.

Está na praza.Pola rúa.Enriba dunha rocha na praia .Sentada nunha cadeira contando historias na porta doutra casa...

Pregunta por ti.
Ensínolle fotos do pasado que ela non distingue.Énchenselle os ollos de esperanza.

Últimamente pregunta pola illa na que te imaxina.
Pregunta pola vida na illa.Pregunta polo clima.Pola sua xente.Polas costumes e a comida.Pregunta polo prezo da viaxe...

E iso preocúpame.Sei que ela non tomará ningún barco nin avión.
Fala da viaxe á Illa .Da viaxe...

Hai dous días que non sae da casa.Véxoa como sombra antras cortinas da cociña, ollar pola ventá cara o ceo.

Por favor. Escríbelle unha carta...Envíalle un anxo que pide.


GRAZAS. Sei que o farás

Con Amor

Mapa