luns, 17 de agosto de 2015

Praza Grande 3 de setembro


                                                                            Praza Grande .3 de setembro de 2015




Tempo de recollimento. Aceleracion.

Na casa non se pode estar. Porque a casa non esta. Nin eu estou na casa .


Atopamonos na Praza Grande miña nai mais eu , cun tipo inmensamente rico en cartos , e pobre en empatia.
Considerounos cousas novas que se movian no seu dominio, e convidounos a pasar a un dos moitos edificios opulentos que posuia na praza.

Curiosamente o clasicismo da construccion externa , contrastaba con exceso de modernidade na decoracion interior. Onde as escaleiras asoballaban o paso pola estancia , excesivamente branca , excesivamente aseptica , excesivamente baleira.
O home , xove e de aspecto afiado pediume a casar. Si, estas cousas ocorren...Asi...Como se nada.
Dixenlle que si. Sabes que sempre me gustaron os desafios.
A todo isto , miña nai , como corresponde a unha nai, sentiu bater na sua conciencia, aquilo que eu desprazaba da miña.

Sei a quen llo conto . Por iso so o sabes ti e miña nai, obviamente.

O matrimonio durou unhas horas. E foi anulado , a salvo de non ser consumado.
Estas cousas ocorren...

Por primeira vez , e por tempo suficiente, fun consciente do peso aprastante. Aprastante e omnipresente do poder do diñeiro. Provoca mesmo embriaguez. Aturde e colapsa. E denso cando quen o posue esta morto ou morta.


Non fiquei na Praza. Miña nai voltou para a casa, e quedamos en vernos  o seguinte domingo. Estas cousas cansana moito, mentras que a min me divirten.

Permanecin. Euforica .Non podia voltar. Porque non tiña a onde. Non habia ningun sitio seguro .

Chamoume Vixilio e dixenlle que si, que viñera.
Trouxo con el a un sequito de bufons e seres histrionicos , que en lugar de confetis polo aire tiraban esos cristais de MDA, tenamfetamina...Ou a droga do abrazo.
Vixilio estaba disposto a probar algo novo. Non me gusta decirlle que non . Mais cando estaba a piques de pecharse nunha habitacion en compaña de outro home , ambos pintarraxeados. Interrumpinos.
Non.
Non sei o que buscaba probar pero non o faria diante miña. Coido que estaba excesivamente desfasado por baixo de calquera sintoma de amor por si mesmo.
Era un trapo , un experimento.
Sacudinlle todos esos cristais que nos tiraban por riba coma unha choiva de confetis. Pegueille unha labazada. E choramos os dous.Abrazados.
Sei que nunca mais o voltarei ver.
Preguntome si existiu algunha vez.







Xa ves
Mentras se achega
Eu arredome cara ningures. No mesmo lugar. Na mesma praza
Probando aventuras, e desventuras.



Soñeite esta pasada noite. Eras o unico real da miña vida.

Agora todo e delirio.






UN ABRAZO





Desexo que sexas Inmensamente Feliz. Iso darame sentido. E quizais poida voltar a casa. Algun dia



Algun dia






Mapa