luns, 17 de agosto de 2015

NOT FOR EVER


Monte Calvario.Entre Agosto do 2015



Stugart Nietzsche volvíu a deixarme.

Non é unha traxedia...

É o terceiro ou cuarto cazo que queimo.
Puxera a quentar un pouco de leite de avea con avea.E logo esquecinme mentras tentaba atopar a sua última carta nesta fenda.
Botei a mán ben afora por ela.
Remexín ben antra as suas paredes de pedra e bits.
E...Nada!!!
Nin unha miserable letra atopei.
Só un rastro poirento da música de Joan Jett puiden sacar da fenda para consolarme.

Foise.Foise! Tras do éxito.Estúpido escravo dos aprausos...
Xa voltará.Inda que non sexa á miña porta a petar.
Xa voltará.
Deixa que cheguen os tempos...Onde a dor dos pés cansos sexa máis forte que a máis poderosa atracción nos espellos da noite baixo as luces de neón.

Lo odio!
Ríome...É unha palabra dura "odiar", propia dos espíritos sen sosego excitados polos límites.

Non.
Eu non odio a Stugart Nietzsche.
Lo amo con enfermedad.Con dolor.
Diría que é o mesmo que odialo.Pero hai palabras que desterrei do meu vocabulario.
Odiar : Queima
Culpa: Queima
E "Pirola" : ( ríome ) Nunca me gustou esta palabra. Tráeme recordos suxos dun tempo que descoñezo e que sen embargo padecín inda, nesta vida.

Por favor...Non quero distraerme da miña dor.
Stugart...Stugart Nietzsche deixóume de novo.

Qué podo facer...Choro.
Son xove e rica.
Teño unha biblioteca chea das mellores obras de literatura.
Podo andar núa pola casa.Entrar e sair.
E por o mundo patas arriba cun baile de Can Can

Pero Stugart non está.
Non está.

Agora qué escusa me queda?

Oh...Escoitarei a Carlos Santana en Habana Moon
E tomarei gintonics á beira do mar
Ata que o vexa chegar
Emerxido das augas, baixo a luz da lua
E me convide coa sua mán a achegarme ao seu peito mollado.

Dende logo que irei
Dende logo que irei

E que me chamen ...Tola!




Con nostalxia branca e música soul


Agustina FOREVER