martes, 12 de maio de 2015

Estabas aqui.No lugar exacto da miña desaparicion.Ausencia de tils


En Ribeira a martes doce de maio do ano que pasa...



Non.
Mudoo:
              Si!
Abrese:

               Velaqui a chave.
Sabes?

Ao abrir a venta,os tils voaron...

Anarquia na linguaxe.Un caos na cociña.

Entraronme pombas grises.Unha delas xace morta no chan dun escaparate,dun restaurante pechado,rexentado antes,por un matrimonio portugues.
Unha xente chamativa que ocultaba "algo" a voces.
Din que cociñaban ben a carne.Ulia sempre a brasas.A carbon.
Xente que non se diluia co entorno.Como unha torre vixia do vencidario,eles " os outros" eran os observados observandonos...

Vexo a pomba  pacientemente morta,tanto...Que esta mais viva que algunhas existencias con movimento.
Ahi...Exposta
a un mundo que pasa ollando a devastacion con indiferencia
tras do cristal.

Mirame...
Mirame ben adentro
Oscultame o corazon
Traspasa o tempo que percorre a miña pel
Afondame

Ou segue o teu camiño,
sen ansiar o espectaculo da morte
Cun cabre enchufado a enerxia fluorescente.

Ali onde os escaparates
Unha pomba xace




Pecho a venta.Vai sendo hora de recollerse.Ven a noite para as casas.Pero o traballo segue.

De feito estos dias vou traballar de noite.Comecei onte e semella que deste xeito os dias enlazanse nunha constante de luces e sombras e pasos e intervalos de conscuencia-inconsciencia.

A veces esperto antes de estar preparada.E preguntome todalas preguntas de situacion axustando todolos corpos no vehiculo da materia.



Non me esquezo de ti.Inda que saiba que me perdoarias todo

Ata o esquecemento.


Un abrazo


Mapa.