martes, 12 de maio de 2015

A primeira pedra

No extranxeiro.Entre sábado e domingo.Día vinte e nove de febreiro do 2015



Hai algo máis insoportábel que a carga dun segredo :

 Facelo público.

Convertelo en pedra
 pola que pasan tódalas
olladas ardentes
a traficar
coa moral un feito que
ata o momento
Era un buraco negro
de enerxía
Pero claro, o buraco
Absorvía toda a claridade
Mesmo aceleraba o proceso
de construcción-destrucción
Ata que en apariencia só
 quedaban os desfeitos dun paso,dilatante...
Mermando o corpo de Atlas que o carga

Aih...

Unha vez máis
Esos hipócritas deleitaron 
as suas morbosas babas
No corpo espido de Friné.



             -Friné : 
                          Amósome ó mundo
                             coa esperanza
                            nacida da dor".



É moi importante alimentarse ben,dixérasme.
Sei que a industria produce fame e aniquilación lenta,a través dos seus adictivos e sustancias diseñadas para un Novo Modelo.
 Sei da antropofaxia enerxética.
Do vampirismo .
Sei que demasiado doce queima.
Hoxe erguinme tarde.Gustaríame comer algo que me faga sentir a sustancia viva dentro de min.
Ollo pola venta.A xente leva as mans ocupadas.Semella que saben a onde van.Van...Para algures.

Un fío invisíbel traballa esculpindo en nós
Chamando polo nome ancestral da alma.
Volto a ollar.
Agora a xente baila pola rua.Míranse aos ollos.Saúdanse cun sorriso.
Voan

Sinto dende aqui o ritmo.A sinfonía de latexos .
Despréndome...



Déixame anotar este día no almanaque.Marcareino cun círculo verde

Como teño marcado o día no que naciches




Véxote e recoñézote.

Un abrazo.




MaPA